— O Portal Educativo publica a incorporación de 34 centros a este programa
— Facilítanse ultraportátiles e acceso a contidos e materiais totalmente de balde a estudantes entre 5º de Primaria e 4º de ESO
— Esta acción enmárcase na Estratexia de Educación Dixital 2030, orientada a fomentar as competencias e capacidades dixitais para unha verdadeira transformación dixital
Un total de 64.200 alumnos de 630 centros educativos estudarán con libro electrónico gratuíto o vindeiro curso 2023-24, tras a incorporación de 34 novos centros ao programa E-Dixgal da Xunta de Galicia.
Tal e como publica o Portal Educativo, destes 34 novos centros (12 da provincia da Coruña, catro de Lugo, catro de Ourense e 14 de Pontevedra), 24 incorporan o programa na etapa de Primaria, nove en ESO e un en Primaria e ESO á vez. Ademais, dous centros que xa contaban co programa en Primaria incorpórano para o curso que vén en 1º de ESO.
Por provincias, 225 deles están na da Coruña, 102 na de Lugo, 58 na de Ourense e 245 na de Pontevedra.
Contidos e materiais
A través do E-Dixgal, a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pon a disposición de centros e alumnos ultraportátiles con acceso a libro e materiais dixitais cos que desenvolver o seu proxecto curricular.
Así pois, os colexios e institutos adheridos desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles vai permitir acceder a contidos dixitais totalmente de balde para as familias.
Para ilo, as aulas contan cun kit de aula dixital composto por pizarra dixital interactiva, proxector e equipo no posto do profesor e conexión á rede de datos do centro. Ademais, cada alumno conta cun ordenador ultraportátil en réxime de préstamo para o seu uso.
Os participantes no proxecto poden acceder a unha plataforma de Entorno Virtual de Aprendizaxe na que están dispoñibles tanto contidos editoriais diversos para as diferentes etapas como o repositorio de contidos do espazo Abalar que actualmente supera os 1674 recursos. A Xunta continúa traballando na ampliación deste material.
De igual xeito, os centros teñen á súa disposición o repositorio de contidos educativos dixitais do espazo Abalar, con máis de 2.500 recursos educativos dixitais complementarios en sete idiomas.
A maiores, o profesorado pode crear, seleccionar ou engadir ao entorno os seus propios materiais. Con estes recursos, os docentes poden elaborar a súa propia mochila dixital seleccionando a través da plataforma os contidos formativos e incorporando os complementarios que desexen, así como outros de elaboración propia.
Transformación dixital
O programa E-Dixgal arrancou no curso 2014-15 como un proxecto experimental para alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO. No 2021-22 ampliouse á toda a etapa de Secundaria coa incorporación de 3º e 4 curso, o que permite que o alumnado poida estudar con este sistema durante seis cursos consecutivos.
Esta acción forma parte dos obxectivos prioritarios da Estratexia de Educación Dixital 2030, orientados a fomentar o desenvolvemento dun ecosistema educativo dixital de alto rendemento e perfeccionar as competencias e capacidades dixitais para unha verdadeira transformación dixital.
Provincia da Coruña (centros de nova incorporación):
CEE María Mariño | A Coruña |
IES Ramón Otero Pedrayo | A Coruña |
CEIP O Marbán | As Somozas |
CEIP de Escarabote | Boiro |
CEIP Praia Xardín | Boiro |
CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro | Cerceda |
CEIP Plurilingüe Virxe do Mar | Narón |
CEIP As Forcadas | Ponteceso |
CEIP de Portosín | Porto do Son |
CEIP Plurilingüe de Frións | Ribeira |
CEIP Pedro Barrié de la Maza | Sada |
IES Eduardo Pondal | Santiago de Compostela |
Provincia de Lugo (centros de nova incorporación):
CEIP Albeiros | Lugo |
CPR Plurilingüe Divino Maestro | Lugo |
CEIP Ricardo Gasset | O Incio |
IES Santiago Basanta Silva | Vilalba |
Provincia de Ourense (centros de nova incorporación):
CEIP Augusto Assía | A Mezquita |
CEIP de Medeiros | Monterrei |
CPR Cardenal Cisneros | Ourense |
CPR Plurilingüe Divino Maestro | Ourense |
Provincia de Pontevedra (centros de nova incorporación):
CEIP Plurilingüe As Solanas – Nicolás Gutiérrez Campo | A Guarda |
IES Johan Carballeira | Bueu |
CEIP Pío Cabanillas Gallas | Dozón |
IES Chano Piñeiro | Forcarei |
CEIP Plurilingüe Vicente Arias de la Maza | Lalín |
CEIP Plurilingüe Pena de Francia | Mos |
CEIP Daría González García | Pontevedra |
IES A Xunqueira I | Pontevedra |
CEIP Plurilingüe de Porto Cabeiro | Redondela |
CEIP Magaláns-Dorrón | Sanxenxo |
CPR Plurilingüe Niño Jesús de Praga | Vigo |
CEIP A Lomba | Vilagarcía de Arousa |
CPR Plurilingüe Sagrada Familia | Vilagarcía de Arousa |
CEIP Plurilingüe de San Bartolomé | Vilanova de Arousa |
Centros que amplían á etapa de Secundaria:
CPI Plurilingüe Cabo da Area | Laxe (A Coruña) |
CPI de Viaño Pequeno | Trazo (A Coruña) |