Thursday 21 de November de 2024

Temples actuarán o martes 16 no Centro Ágora na nova sesión do ciclo Selección Sonora


A banda británica tocará no auditorio a partir das 20.00 horas

A banda británica Temples actuará este martes, 16 de maio, no Centro Sociocultural Ágora, dentro do ciclo de concertos Selección Sonora que promove o Concello. Trátase da segunda cita desta iniciativa tras o directo de Israel Fernández e Diego del Morao do pasado xoves 27 de abril.

Temples é unha banda formada en 2012 na cidade de Kettering (UK). É considerada unha das grandes formacións de psicodelia pop da actualidade. Composta por James Bagshaw (voz e guitarra), Tom Walmsley (baixo), Adam Smith (teclado e guitarra) e Rens Ottink(batería), asinou tres álbums que xa forman parte da historia do xénero, unindo a influencia do son Madchester coa do sunshine pop e a psicodelia dos 60.

As entradas para esta actuación están á venda a través de Ataquilla e no despacho de billetes do quiosco da praza de Ourense a un prezo de 13 euros máis gastos de xestión. O ciclo Selección Sonora completarase con outras tres actuacións. A seguinte será a de Allah-Las, o xoves 22 de xuño. O sábado 30 de setembro será a quenda de Valeria Castro. Pechará o ciclo The Sonics, o 6 de novembro.