O PRESIDENTE DO PARTIDO POPULAR, ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO, ENVIOU O SEU APOIO A LOLI SILVA A TRAVÉS DUN VÍDEO NO QUE DEFINE Á CANDIDATA COMO “UNHA MULLER VALENTE QUE DEU UN PASO AO FRONTE POLOS SEUS VECIÑOS CANDO MÁIS PRECISÁBASE NUN CONCELLO NON QUE AÍNDA QUEDA MOITO POR FACER”
A candidata á alcaldía de Oleiros polo Partido Popular, Loli Silva, presentou ao equipo que lle acompaña na lista aos comicios municipais do 28 de maio. O evento tivo lugar no Hotel As Galeras (Santa Cruz) e acudiron ao mesmo un nutrido grupo de militantes e simpatizantes dos Populares, ademais de cargos orgánicos do partido e candidatos da área metropolitana, entre os que cabe citar a Diego Calvo, Presidente Provincial do Partido Popular; José Manuel Romay Beccaría, Presidente de Honra do Partido Popular de Galicia, así como Carlos Negreira, Evaristo Ben e Gonzalo Trenor, Presidente de Honra, Secretario Xeral e Vicesecretario de organización e territorio do Partido Popular da Coruña, respectivamente.
A candidata, Loli Silva, é licenciada en Xeografía e Historia na especialidade de Xeografía Aplicada e realizou os estudos de doutoramento. Ademais, é profesora e acumula unha experiencia de 30 anos como docente. Desde fai seis anos é a Directora do CEIP Parga Pondal, de Santa Cruz, un centro educativo punteiro que resultou gañador de premios pola súa calidade docente e pola implicación de alumnos e profesores en gran cantidade de proxectos como o Certame ao Cooperativismo no Ensino ou o recente galardón nun Concurso Escolar de reanimación cardiopulmonar. Na actualidade atópase escribindo un libro sobre relatos infantís, algo que non sorprende a quen a coñece xa que nenos e avós centran as súas grandes preocupacións sociais. Loli Silva compaxinou á perfección a súa actividade educativa co seu papel como concelleira neste últimos catro anos no concello de Oleiros.
Durante o evento, foron pasando polo estrado cada un dos membros da candidatura, que saudaron ao público e expuxeron algúns dos puntos que figuran no programa electoral dos Populares.
“Desde o Partido Popular de Oleiros estamos moi satisfeitos co equipo humano que reunimos ao redor deste proxecto. Levamos moitos meses traballando na preparación destes comicios e afrontamos a estas eleccións con moita ilusión e cunha completa batería de propostas, convencidos de que outro Oleiros é posible: un Oleiros amable e positivo, á marxe da confrontación que busca permanentemente o alcalde actual. Un Oleiros para todos, un Oleiros entre todos”, declara Loli Silva.
“Somos xente seria e temos un proxecto ilusionante. O noso compromiso cos oleirenses é firme e, se nos dan a súa confianza, non imos defraudarlles”, asegura a candidata.