Friday 22 de November de 2024

Vidal destaca medidas para apoderar ás persoas con discapacidade


• A ministra Ione Belarra apoia á concelleirade transparencia de Ames

• Ione Belarra apoia ás candidatas de Podemos nunha xuntanza en Ourense

Vanessa Vidal, candidata á alcaldía de Ames, destaca medidas para promover programas e actuacións para o empoderamento das persoas con discapacidade, no seu primeiro debate electoral, organizado pola Cadena Ser no programa Hoy por Hoy edición Santiago.

A candidata afirmou que “debemos por a súa disposición recursos, canais de denuncia, vías para exixir o acceso aos seus dereitos, información, asesoramento e acompañamento e unha visibilización delas nun rol activo e normalizado, sen estereotipos nin estigmatizacións”.

Vidal indicou a importancia de promover medidas de apoio ás familias e persoas coidadoras, para poder facer un relevo xeracional no apoio a familiares con discapacidade, considerando o impacto de xénero nos coidados. Ademais, potenciar o desenvolvemento de servizos e apoios para favorecer que as persoas con discapacidade maiores permanezan no seu domicilio e contorna comunitario e sigan participando activamente na comunidade.

Encontro de Ione Belarra coas candidatas de Podemos Galicia en Ourense

A ministra de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e secretaria xeral de Podemos, Ione Belarra, participou o 5 de maio nun encontro cos candidatos de Podemos para as próximas eleccións municipais e autonómicas do 28 de maio; onde entre outras mostrou o apoio á candidata á alcaldía de Ames Vanessa Vidal.

Recordamos que o ministerio de Dereitos Sociais lanzou un plan para tratar de concienciar á poboación das posibilidades de autosuficiencia das persoas con discapacidade. É unha das medidas de acción social que Vanessa Vidal comparte coa ministra.

O obxectivo era e é que os cidadáns con discapacidade sexan plenamente conscientes dos seus dereitos para asegurar o seu respecto ante a cidadanía. Desde o ministerio de Dereitos Sociais queren erradicar ‘as miradas de mágoa’, as discriminacións e as exclusións.