Saturday 16 de November de 2024

600 persoas asistirán á Festa-Homenaze aos Nosos Maiores que se celebrará mañá


Comezará ás 13:00 horas no pavillón do IES Agra de Leborís.

A Festa Homenaxe aos nosos maiores que se celebrará mañá no pavillón do IES Agra de Leborís volverá contar cun rotundo éxito participativo, agardándose a presenza de 600 persoas.

A apertura de portas será ás 13:00 h. Ás 13:30 h oficiarase unha misa. A continuación será o xantar e, por último, haberá baile con música en directo.

O Concello volve organizar este evento clásico da programación en torno ao Día das Letras Galegas tras catro anos sen poder levalo a cabo por causa da pandemia do coronavirus. O propósito é facer unha homenaxe ás persoas maiores de 55 anos de idade, xubiladas ou pensionistas, ao mesmo tempo que se lles ofrece unha alternativa de ocio e unha xornada festiva que poderán desfrutar en compañía de familiares, veciños e amigos, reforzando as relacións sociais entre ese colectivo.