Friday 22 de November de 2024

Xunta de Galicia: en Oleiros non hai billetes


O Concello de Oleiros instalou un bus urbano na parada de Santa Cristina para denunciar a actitude da Xunta de Galicia que impide a prórroga do convenio para que o 1-A poida seguir desprazándose ata Oleiros a partir do vindeiro 1 de xuño. A conselleira está a posicionarse do lado dunha empresa privada que reclama 49.000 euros ao Concello sen xustificación, motivo que utilizan desde a Xunta para impedir a posta en marcha do servizo.

“A Xunta está facendo de cobradora do FRAC dunha empresa privada. Se realmente a consellería quere defender o transporte público que autorice a renovación do convenio e que despois nos leve aos tribunais. Que sexa a xustiza a que decida se realmente o Concello de Oleiros ten que pagar 49.000 a unha empresa privada sen xustificación”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

Quen tería que reclamar o pago deses cartos é a empresa, non a Xunta. A conselleira debería defender por encima de todo o interese xeral da cidadanía e non o lucro dunha empresa privada. En Oleiros non hai billetes.