Continuando coas actuacións ao aire libre das agrupacións da Escola Municipal de Música, este domingo 14 de maio, ás 12.30 horas, a Orquestra Sinfónica ofrecerá un concerto no Parque da Lagoa de Mera. Esta actuación contará coa participación do alumnado da Escola Municipal de Danza e do Coro La Tremenda Tremolina.