Friday 22 de November de 2024

A terceira sesión de Tardes de baile convida a moverse na Pobra ao ritmo da música no 14 de maio


Achégase o segundo domingo do mes de maio e, polo tanto, toca moverse ao ritmo da música no Centro Sociocomunitario e de Benestar da Pobra do Caramiñal.

A terceira sesión de Tardes de baile desenvolverase no día 14, de 20.00 a 22.30 horas. Trátase dunha iniciativa organizada en común pola Concellaría dos Servizos Sociais e o dito centro, que achega diferentes opcións musicais no segundo domingo de cada mes ata xuño.

Está especialmente dirixida a persoas maiores, pero tamén co afán de se converter nun punto de encontro interxeracional de toda a comarca ao tempo que se dinamiza a vila no sétimo día da semana.