Friday 22 de November de 2024

A mocidade emprendedora galega axuda a construír un futuro sustentable de xeito activo e creativo co apoio da Cámara de Comercio de Santiago


A Cámara de Comercio de Santiago participa activamente esta semana na International Creative Jam do proxecto AYCH na Escola de Diseño de Nantes, delegación formada polos 10 mozos e mozas gañadores da Local Creative Jam que tivo lugar na Cámara o pasado mes de abril.

A Cámara de Comercio de Santiago participa activamente esta semana na International Creative Jam do proxecto Atlantic Youth Creative Hubs, onde 100 mozos e mozas residentes nos cinco países socios, España, Portugal, Francia, Irlanda e Reino Unido daranse cita na Escola de Diseño de Nantes, xuntándose no evento máis de 20 nacionalidades.

Os 10 mozos e mozas gañadores da Local Creative Jam que tivo lugar na Cámara de Comercio o pasado mes de abril están participando no AYCH International Creative Jam, connvidados ao evento máis importante do ano para a mocidade atlántica pola Escola de Diseño de Nantes.

Unha Creative Jam é un encontro onde a mocidade, expertos, socios internacionais, os participantes e os seus mentores teñen a oportunidade de deseñar prototipos sobre temas específicos que afectan á mocidade do espazo atlántico europeo. O obxectivo da devandita experiencia é promover a expresión e o intercambio de ideas, á vez que brinda á xuventude unha educación non formal, asesoramento e axuda de expertos, conciencia sobre problemas sociais e a oportunidade de resolver os ditos problemas, todo mentres se traballa nunha contorna internacional. Nesta ocasión se busca crear IMPACTO nas cidades atlánticas, nas súas economías e espazos.

O proxecto Atlantic Youth Creative Hubs (AYCH) é unha asociación internacional no proxecto Interreg Atlantic Area para a promoción do espírito empresarial e o emprego xuvenil. O obxectivo principal de AYCH é desenvolver novos enfoques e intervencións nos servizos de apoio para mozos no sector creativo do espazo Atlántico, conectando persoas, ideas, habilidades, tecnoloxías e empresas nunha rede de centros, para liberar o potencial creativo e a mocidade. emprendedora.

Os socios galegos do proxecto AYCH, a Fundación Galicia Europa, a Cámara de Comercio de Compostela e a Lug Open Factory están a participar activamente desde este mércores 10 de maio.

Se queres ver todas as ideas xeradas, vídeos, chamadas, etc., consulta as redes sociais coa etiqueta #aycheu.

Atlantic Youth Creative Hubs

O proxecto AYCH (Athlantic Youth Creative Hubs) é unha oportunidade para a creatividade e a tecnoloxía para os máis novos. Está co financiado polo programa Interreg Atlantic Area.

Os socios participantes son Cámara Municipal de Santo Tirso (PT), In.Cubo (PT), EDNA (Escola de Deseño de Nantes Atlántico) (FR); IMI (Instituto de Métodos de Innovación) (IR); Space (UK); Vida Lactea (ES); Cámara de Comercio de Santiago de Compostela (ES) e a Fundación Galicia Europa (ES).