• Atópase nunha gran ubicación con excelentes conexións, que dispón todo tipo de servizos e está situada nun enclave idóneo para realizar autocaravanismo.
• Permite diversificar a oferta turística, apostando por un modelo sostible e respectuoso co medio ambiente.
• Esta zona ofrece a descentralización de servizos ás zonas rurais do municipio, coa intención de equilibrar a dotación de infraestruturas en todo o Concello.
O Concello das Somozas pon en valor o seu valor turístico a través da zona para autocaravanas da área recreativa do Carballo, situada na contorna da piscina municipal.
A zona habilitada ofrece zona de desaugue de augas residuais e subministro auga potable para limpeza e para carga dos vehículos.
Trátase dunha ubicación cunhas excelentes conexións, que dispón con todo tipo de servizos e está situada nun enclave idóneo para realizar autocaravanismo, un dos tipos de turismo que está máis en auxe nestes anos debido á capacidade de adaptación a diferentes lugares e a flexibilidade á hora de planificar unhas vacacións.
Ademais, permite diversificar a oferta turística, apostando por un modelo sostible e respectuoso co medio ambiente, situándoa nunha localización perfectamente humanizada e armonizada coa naturaleza.
A área recreativa como a de autocaravanas no Carballo aposta pola descentralización de servizos ás zonas rurais do municipio, coa intención de equilibrar a dotación de infraestruturas en todo o Concello.