Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase este sábado día 13 á cidade. O vehículo permanecerá estacionado na estrada de Castela, á altura do Xulgado de Paz (Xuvia) donde estará operativo de 10.00 a 15.00 horas, tal e como avanzaron dende ADOS.
Antes da doazón é preciso almorzar e no caso de xantar, deberanse agardar dúas horas para realizar a extracción. Antes de doar haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento. Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos.