• A iniciativa terá lugar os días 12 e 14 de maio, sendo necesaria a inscrición previa a través do formulario web dispoñible en www.gnhabitat.org.
A Reserva de Biosfera organiza as ‘V Xornadas sobre ornitoloxía’ coa colaboración do Grupo Hábitat, que se celebrarán durante os días 12 e 14 de maio, sendo necesaria a inscrición previa a través do formulario web dispoñible en www.gnhabitat.org.
Son totalmente gratuítas e abertas ao público, a primeira durante a tarde, de 19:30 a 21:30 horas e a segunda en xornada completa, con saída ao campo para poñer en práctica os coñecementos obtidos na aula.
O obxectivo destas xornadas será diferenciar e identificar as especies de aves máis representativas da nosa contorna, así como trucos e anécdotas de man de expertos ornitólogos con moitos anos de experiencia. As e os asistentes poderán aprender como usar as ópticas e outros materiais que se usan no traballo de campo e aclararanse posibles dúbidas que vaian xurdindo.