Saturday 16 de November de 2024

O grupo estable de teatro do Concello actúa o sábado no Gabriel García Márquez de Mera


O grupo estable de teatro do Concello de Oleiros presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera Meirás. A obra está dirixida por Ramiro Neira e conta coa participación de Conchi Fernández, Silvia Larrosa, Pilar Pérez, Marisa Barros, Juan Otero, Benita trillo, Antonio González, Juan Naya, Benjamín König e Laura Prego.

O día que en Emilia Pardo Bazán decidiu levantar na parroquia de San Martiño de Meirás unha edificación con aspecto medieval, pero cimentos contemporáneos, pouco podíase imaxinar a poetisa e nobre galega toda a polémica e o simbolismo que chegarían a encerrar as vellas paredes dun pazo que terminara nas súas mans froito dunha serie de ligazóns matrimoniais…

A entrada é gratuíta con invitación. Poderán recollerse na billeteira do auditorio a partir das 19:30 horas.