Os veciños e veciñas maiores de 60 anos interesados en participar nas rutas de sendeirismo do programa Ven e Descubre poden inscribirse a través da sede electrónica da web municipal ata o vindeiro venres 12 de maio. Aquelas persoas con dificultade para acceder á inscrición en liña poden dirixirse de forma presencial ao departamento de Servizos Sociais e Igualdade.
As rutas de sendeirismo consisten en expedicións culturais con andainas guiadas de entre 10 e 14 km. Ofértanse itinerarios polo Camiño do Inglés, Camiño do mar Cantábrico, Camiño de Inverno e Terras do Caraballiño. Nestas andainas os itinerarios están deseñados para adquirir coñecementos do entorno, a historia , a natureza e a convivencia cos veciños e veciñas.