Sunday 24 de November de 2024

O Concello organiza unha ruta de sendeirismo polo río e fervenza do Belelle


O programa Andares por Galicia, A cultura da Natureza continúa con novas excursións. A próxima saída está programada para o sábado día 27 de maio e inclúe unha ruta de sendeirismo polo río e fervenza do Belelle, e a visita ao Museo de Historia Natural da SGHN de Ferrol.

A ruta a pé sairá de Igrexa de Cabalar e rematará no porto da Ribeira, pasando pola Central de Cabalar, pazo e muíño da Ribeira, fervenza do Belelle, Muíño da Barcia, área recreativa de Maciñeira, casco antigo de Neda e Igrexa de San Nicolás. A distancia a percorrer é de 16,5 km e está cualificada como de dificultade media.

A actividade ten un custo de 22 euros e está dirixida a persoas maiores de idade, tendo preferencia as persoas empadroadas en Oleiros. As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica a partir de mañá martes 9 de abril ás 10.00 horas. No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.

Para obter máis información é posible dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado na Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico r.caparros@oleiros.org.