A segunda proba do circuíto de carreira populares Coruña Corre disputouse esta mañá entre o centro cívico e o parque de Bens
Álvaro Presedo e Nati García foron os gañadores da proba
Esta mañá disputouse a segunda proba do circuíto de carreiras populares Coruña Corre. Tratouse da XIII Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma.
Na competición participaron 721 corredores, dos cales 555 disputaron a proba absoluta.
A carreira discorreu pola estrada de Bens ata o parque, onde tivo lugar a meirande parte daproba, antes de regresar polo mesmo percorrido. Houbo un avituallamento sólido e líquido na meta. O mellor tempo da categoría absoluta foi para Álvaro Presedo, que parou o crono en 21 minutos e 37 segundos. Na categoría masculina acompañárono no podio Abdelaziz Fatihi e Rubén Liñares. Na categoría feminina a primeira muller clasificada foi Nati García. Mélanie Mariño foi segunda e Noelia Souto, terceira.
O circuíto Coruña Corre volverá dentro de dúas semanas para a disputa da XI Carreira Popular Os Rosales, para a que xa están abertas as inscricións. As persoas que participan na totalidade do circuíto no precisan retirar novos dorsais nin facer un novo formulario.
Próximas datas do circuíto Coruña Corre
● XI Carreira Popular Os Rosales: 21 de maio
● VII Carreira Popular Matogrande: 25 de xuño
● XI Carreira Popular Volta a Oza: 10 de setembro
● VIII Carreira Popular Ventorrillo: 22 de outubro
● XI Carreira Popular Novo Mesoiro: 26 de novembro