Alternativa dos Veciños abrirá a campaña electoral celebrando este vindeiro venres 12 de maio unha nova cea fría para presentar a candidatura e o programa electoral co que se presenta ás eleccións do vindeiro 28 maio. Será en Dorneda, na polideportiva da Casa do pobo, ás 21:00 horas, e desenvolverase baixo unha carpa.
Coma sempre, o acto será aberto a todos os veciños e veciñas interesados en informarse e coñecer as propostas de Alternativa para revalidar a maioría absoluta e gobernar Oleiros a próxima lexislatura.