O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou en Carballo na presentación do parque comercial e de ocio A Revolta
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe no acto de presentación do novo parque comercial e de ocio A Revolta, onde sinalou as oportunidades laborais que achega esta iniciativa, que supón reforzar a oferta da comarca.
Na súa intervención, Conde apostou polo equilibrio e por promover a convivencia entre os diferentes formatos comerciais, lembrando que o novo centro carballés conta con 15 locais que dan emprego a máis de 280 persoas de forma directa e indirecta.