O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou hoxe no Encontro dos Maiores de Val do Dubra, que celebraron a súa tradicional xornada de confraternidade no pavillón municipal de deportes. Antón Acevedo estivo acompañado do alcalde do concello, José Manuel Varela.
O director xeral comprobou a gran acollida que tivo, unha edición máis, este evento moi agardado pola veciñanza. A xornada comezou cunha misa e continuou cun xantar ao que estiveron convidados todas as persoas maiores de 65 anos e xubilados, así como os seus cónxuxes. Despois da comida, os asistentes desfrutaron da actuación do Dúo Óbice Capital.