Na xornada de onte o BNG realizou un café veciñal para dar a coñecer as propostas específicas que ten para dinamizar este barrio.
Malia ser un dos barrios máis novos do municipio, existen carencias como a falta de accesibilidade, mala iluminación e limpeza, falta de mantemento ou actividades lúdicas.
O portavoz e candidato á Alcaldía, Luís Pérez Barral, comprometeuse a realizar un plan de dinamización social que permita ter “rúas vivas” con actividades no barrio que xere tamén un desenvolvemento económico da zona.
Barral defendeu que cun goberno do BNG, As Avesadas, mellorarán a súa accesibilidade mediante a eliminación de barreiras arquitetónicas, implantanse camiños escolares seguros e reforzarase a seguridade.
“Cubriremos o parque, ampliarémolo con xogos accesibles e instalaremos fontes e aseos públicos para que sexa un espazo de uso e desfrute tamén durante os días de mal tempo” asegurou Barral.
Por último garantiu un mellor mantemento e limpeza das rúas e espazos públicos.
“Temos o proxecto e as persoas idóneas para facer que os barrios teñan vida e dinamismo económico e social”.