Saturday 16 de November de 2024

O Concello lamenta profundamente o falecemento de Arsenio Iglesias


O Concello de Oleiros lamenta profundamente o falecemento de Arsenio Iglesias. O xogador e adestrador de fútbol arteixán non só é unha lenda do deporte galego, senón que o seu comportamento e carácter dentro e fóra dos terreos de xogo fixo del unha figura exemplar e fortemente apreciada polo conxunto do pobo galego.

En recoñecemento á súa extraordinaria traxectoria deportiva o Goberno municipal outorgoulle o seu nome ao pavillón de Santa Cruz, que foi inaugurado o XXXXXXXX. Así, Arsenio Iglesias será lembrado de maneira permanente no pobo de Oleiros.