• Os alumnos repártense nas 11 modalidades diferentes, tanto para adultos como para nenos e nenas
• As disciplinas máis demandadas son a natación e a ximnasia, con 153 e 104 participantes respectivamente
• trátase dunha ampla oferta deportiva, con actividades para todas as franxas de idade, que cobren as demandas veciñais e completa a grella que non abarcan as asociacións e entidades do municipio
As escolas deportivas municipais de Ortigueira pecharán o curso cun total de 459 alumnos, divididos en 11 modalidades diferentes de deporte.
Os alumnos están repartidos, segundo a súa idade, en actividades para adultos e actividades para nenos e nenas.
As escolas para adultos contan con 254 participantes divididos en circuíto de ximnasia (38), ximnasia de mantemento (22), natación (68) ximnasia de mantemento en parroquias (102) e ximnasia recuperadora (24).
Pola súa banda, as escolas de menores de idade repártense entre voleibol (31), patinaxe (14), tai chi (13), psicomotricidade (5), pádel (28), natación para nenos (109) e andainas (18).
As disciplinas máis demandadas son a natación e a ximnasia, con 177 e 162 participantes respectivamente.
Estas actividades forman parte do programa deportivo do Concello de Ortigueira, que inclúen tamén roteiros de sendeirismo desde o mes de outubro a maio por diferentes zonas da comarca e que gozan dunha gran afluencia de participantes.
Trátase dunha ampla oferta deportiva, con actividades para todas as franxas de idade, que cobren as demandas veciñais e completa a grella que non abarcan as asociacións e entidades do municipio.