Friday 22 de November de 2024

Presentada a candidatura de Alternativa no Concello de Bergondo


O candidato de Alternativa dos Veciños á alcaldía de Bergondo, Juan Fariña, presentou ás persoas que o acompañarán na lista electoral para as próximas eleccións municipais nun acto celebrado na Casa da Cultura. Pilar Barja, Pablo Santiso, Pablo Varela e Iria Gómez ocupan os seguintes postos na lista electoral.

Juan Fariña destacou na súa intervención a necesidade imperiosa que ten Bergondo de dar un cambio e unha viraxe radical na dirección as persoas que veñen controlando o goberno dende hai xa demasiados anos. “Son evidentes para calquera as carencias enormes que soporta o noso municipio, sobre todo se comparamos
o que aquí temos co que outros concellos desfrutan”, afirmou.

Alternativa presenta un verdadeiro programa de goberno que atinxe todas e cada unha das materias nas que unha administración local pode intervir. “O programa e as ideas claras son fundamentais, mais tamén o é o grupo de persoas que se propoñen á cidadanía para rexer o futuro de Bergondo. AV ten o mellor grupo humano e o máis capacitado”, dixo o candidato.

Tamén interviron os número 2 e 3 da candidatura, Pilar Barja e Pablo Santiso, o primeiro suplente José Luis Galindo, e o presidente de Alternativa, Ángel García Seoane, que destacaron capacidade de xestión e o compromiso con Bergondo de Juan Fariña e de todas as persoas que integran a lista electoral. “Bergondo ten un gran futuro por diante, sempre e cando se apliquen políticas serias, que pasan principalmente pola aprobación dun Plan Xeral para dotar ao municipio de todos os servizos e equipamentos públicos dos que carece”, dixo García Seoane.

A lista electoral de Alternativa dos Veciños no Concello de Bergondo está formada por:

1. JUAN ANTONIO FARIÑA PEDREIRA
2. MARÍA PILAR BARJA VAL
3. PABLO SANTISO VÁZQUEZ
4. PABLO SAAVEDRA SAAVEDRA
5. IRIA GÓMEZ CARRO
6. IVAN MATOS RECOUSO
7. MARICEL MIRAMONTES VIDAL
8. JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ LORENZO
9. GLORIA VANESSA PIÑEIRO VÁZQUEZ
10. ANA MARÍA ÁLVAREZ EIROA
11. JOSÉ MANUEL ANTELO SANTAMARÍA
12. MARÍA DOLORES TRILLO CABANA
13. ELOY BABIO VEIGA
SUP: JOSÉ LUIS GALINDO OLEA
SUP: MARÍA LUZ VAL MOURE