Friday 22 de November de 2024

O planos de avance de Plan Xeral de Cambre clasifican como zona verde un tramo do trazado do vial 11


Os planos do avance de Plan Xeral de Cambre clasifican como zona verde un tramo do trazado do vial 11, na Barcala. O alcalde de Cambre volveu intentar enganar á cidadanía esta mañá, dicindo que iso que denunciou Alternativa dos Veciños non era verdade, cando os planos demostran que si hai unha zona verde no trazado.

Clasifícase como zona verde en solo rústico (V.11B) o solo entre o final do Vial-11 de Conexión da CP1706 e a AP-9 en A Barcala. Isto impide a continuidade deste vial e a conexión prevista no Proxecto de trazado e construción tramitado pola Xunta de Galicia que inclúe o Vial 11 (conexión DP1760 coa AP-9). O solo ademais está categorizado no plano de ordenación 2.3 como rústico de protección de augas, insistindo en non recoller a infraestrutura viaria de carácter vital que é o citado Vial 11. A previsión desta zona verde (V.11B) neste punto impediría a implantación desta conexión.

Esta actuación do Goberno de Cambre, impediría a creación deste vial desde a N-VI ata a AP-9, desde O Seixal ata A Barcala, que reduciría notablemente o tráfico da Costa da Tapia. Resulta indignante que se xogue coa cidadanía e coas infraestruturas públicas de interese comarcal desta forma, igual que está a suceder coa conexión da vía Ártabra coa AP-9, paralizada por intereses particulares dun concelleiro de Cambre.