Saturday 23 de November de 2024

Os mercados ecolóxicos amplían a súa oferta e se celebrarán todas as fins de semana do mes


O domingo retómase a actividade no Campo da Leña deste proxecto de comercio sostible e ecolóxico promovido polo Concello, a través da súa Concellaría de Mercados, Comercio e Barrios

O domingo 14 a actividade volverá á praza da Tolerancia e está previsto que o último domingo de cada mes o mercado rote en diferentes barrios da cidade, comezando en Novo Mesoiro

Este domingo, 7 de maio, retómase a actividade dos Mercados de Economía Sustentable, os mercados ecolóxicos, que promove o Concello a través da súa Concellaría de Mercados, Comercio e Barrios. Esta nova edición celebrarase no Campo da Leña, como é habitual, de 10.00 a 15.00 horas.

A gran novidade será que esta iniciativa pasará a celebrarse todas as fins de semana do mes, sendo o primeiro e o terceiro domingo no Campo da Leña, e o segundo domingo de cada mes na praza da Tolerancia, en Labañou. O último domingo do mes o mercado rotará por distintos barrios, comezando o vindeiro 28 de maio en Novo Mesoiro. O obxectivo é poder ofrecer e expandir os produtos ecolóxicos e de orixe ético e local ao maior número de persoas.

Haberá dúas modalidade de mercado: o Mercado Ecolóxico, que será o que se celebra no Campo da Leña, e o Mercado de Compra Sustentable, correspondente ao da praza da Tolerancia e outros lugares. Os mercados do Campo da Leña estarán especializados en produtos ecolóxicos, que acreditan criterios éticos e/ou sustentables na sua produción, elaboración ou materias primas. Os mercados na Praza da Tolerancia, e outras ubicacións, fomentarán a economía circular e a compra responsable, aplicando a regra das 4R. O obxectivo é poder ofrecer o maior número de produtos de economía sostible e actividades paralelas como obradoiros, concertos e actividades para os máis pequenos.

Todos os mercados celebraranse no mesmo horario, de 10.00 a 15.00 horas. Toda a información relativa a cada unha das sesións que se celebre poderase atopar nas redes sociais do mercado (@mercaecocoruna) e nas propias do Concello da Coruña.