Friday 22 de November de 2024

Os Servizos Sociais informan sobre as vantaxes do Plan RehaVIta 2015-2020 para paliar os efectos dos desafiuzamentos por impago da residencia habitual


Poderanse optar a axudas de ata 150 € mensuais para alugueiros ou de 450 € para a tramitación de novos contratos

O Departamento de Servizos Sociais da Mancomunidade de Ordes vén de informar sobre a aprobación do Plan RehaVIta 2015-2020. Con esta iniciativa a Xunta de Galicia reforza a súa política social incluíndo novas medidas complementarias. Entre elas destácase o Bono de Alugueiro Social, un programa específico para paliar os efectos dos desafiuzamentos por impago de arrendamento da residencia habitual.

En total a Xunta ten previsto destinar 1.020.000 € ao longo dos vindeiros tres anos para levar a cabo este plan. Entre os tipos de axudas aos que se pode optar están contías económicas de 150 € mensuais ou achegas adicionais de 450 €, xa sexan para cubrir gastos derivados da formalización dun novo contrato de alugueiro ou para atender cantidades pendentes.
Aquelas persoas que requiran máis información poden consultar o seguinte enlace pertencente á páxina da FEGAMP http://bit.ly/1HwmHzh. Tamén dispoñen dos teléfonos 981 541 926 e 981 541 918, así como dos enderezos electrónicos sx.igvs@xunta.es e dx.igvs@xunta.es.