Saturday 16 de November de 2024

Tras oito anos de gobernos de esquerdas Sada atópase na casa de saída.


Os “odios tribais” entre os membros dos sucesivos gobernos impediron resolver os asuntos máis relevantes do municipio.*

Para a líder do Partido Popular Esperanza Arias, os 8 anos transcorridos con distintas combinacións de partidos de esquerdas ao mando da institución municipal non serviron, por incapacidade manifesta e rifas dos seus titulares, para resolver os problemas que máis preocupan aos sadenses.

“A pista de patinaxe, a piscina municipal, a terraza, o vial de Sada e os seus contornos, os problemas de seguridade cidadá, os de mantemento de infraestruturas públicas, son parte dunha longa lista de manifestacións da incompetencia e a deslealdade entre as distintas faccións que veñen compoñendo o poder municipal en Sada” asegurou a candidata do Partido Popular.

A xuízo do Partido Popular estes seis meses do novo goberno só serviron para poñer de manifesto as tensións e odios “tribais” que se vivían nos anteriores gobernos

” Resulta moi curioso observar ultimamente como se desmarcan uns e outros de tan penosos resultados cando pertencían aos centros de decisión” engadiu a candidata popular.
“Resolver a posta en marcha con garantías e continuidade da piscina, dispoñer do uso e goce polos cidadáns do municipio da Terraza, determinar a execución da pista de patinaxe para adestramento do noso club, son problemas que, en mans dun bo xestor, requiren unicamente ter as ideas claras e traballo serio” sentenciou.

O Partido Popular non ten dúbidas de que será un goberno municipal encabezado por Esperanza Arias o que poñerá fin a toda esta sucesión de dislates.