Esta liña, que vai de Novo Mesoiro a Juana de Vega, xa actualizara o seu percorrido en outubro para mellorar o tempo de espera entre vehículos
O Concello da Coruña, a través da súa Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, amplía a partir deste venres 5 de maio nunha unidade o número de autobuses da liña 21 de transporte urbano. O obxectivo desta medida é mellorar a calidade e a axilidade do servizo que conecta o barrio de Novo Mesoiro con Juana de Vega e da servizo a barrios como Mesoiro, Birloque ou Martinete.
A partir do venres e grazas a adición deste novo vehículo o tempo de agarda entre busespasará de 20 a 15 minutos. A liña 21 comeza o seu percorrido ás 07.05 horas desde Juana de Vega, finalizándoo en Novo Mesoiro ás 22.55 horas en días laborais.
Esta liña do transporte urbano actualizouse xa en outubro do 2022, cando se modificou o seu percorrido para mellorar as frecuencias e respectar o tempo de paso do bus. O novo percorrido de ida incluíu unha remodelación parcial do mapa de paradas no tramo entre o túnel da avenida Salgado Torres e a rúa Juana de Vega, pasando a percorrer o sector norte do barrio de Catro Camiños e o Ensanche, con paradas nas prazas de Vigo e Galicia ata chegar á praza de Pontevedra desde a rúa Francisco Mariño.