A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a ampliación da zona de residentes número 5 de Ultreia, que incluirá a rúa do Xasmíns, o que tamén supón unha modificación do seu estacionamento en horario nocturno. Así, a rúa dividirase en dous tramos. O primeiro, dende a avenida de Coímbra ata o paso de peóns do colexio López Ferreiro, de 17 prazas, quedará reservado para a zona 5 de Ultreia. E o segundo tramo, de 10 prazas, seguirá reservado a aparcamento do Casco Histórico como ata o de agora.
A rúa dos Xasmíns nestes momentos non está integrada en ningunha zona de Residentes. O aparcamento desta rúa está regulado polo sistema ORA en horario diurno, quedando reservado para os residentes do Casco Histórico pola noite. Atendendo ás distintas solicitudes presentada pola veciñanza, plantexouse a súa inclusión na Zona 5 de residentes de Ultreia, con dereito a tarxeta e a posibilidade de estacionar nas zonas de aparcamento reservas que lle corresponden a esta Zona 5.
Na Xunta de Goberno Local tamén se autorizou un préstamo temporal ao Concello de Ames dun muíño de man depositado no Museo do Pobo Galego para a súa exhibición na “Primeira Feira do Pan e do Cereal”.
A cesión temporal comprende desde o 4 ao 9 de maio de 2023, unha prórroga destas datas require autorización municipal. Esta cesión da peza suxéitase ao cumprimento de distintas condicións. Entre elas a garantía da adecuada conservación do ben cedido. O concello de Ames será responsable da súa seguridade e vixilancia, así como dos danos e menoscabos que poida sufrir por calquera causa mentres estea na súa posesión.
Ademais, na exposición, así como no catálogo da mostra, farase constar a súa cesión polo Concello do seguinte xeito: “Muíño de man: Concello de Santiago. Depositado no Museo do Pobo Galego”. Unha vez rematada a mostra para a que se cede, o ben será devolto ao seu depósito no mesmo estado no que foi entregado.
Por outra banda, a Xunta de Goberno Local acordou pór a disposición da consellería de Infraestructuras e Mobilidade da Xunta de Galicia, temporalmente, os terreos de titularidade municipal necesarios para a execución do Proxecto de Trazado do Eixe de Mobilidade Sustentable en Santiago de Compostela , treitos Milladoiro- Estación Intermodal; Acceso e Estación intermodal –San Caetano.
A execución das obras inclúe a reposición dos servicios afectados, independentemente da sua titularidade. Rematados os traballos, formalizaráse Acta de Devolución dos terreos e entrega das obras asinada por ambas administracións, previo informe técnico favorable municipal.
A maiores, deuse luz verde ao proxecto básico e de execución de “Recuperación do Campus Sur para a cidadanía”, cun orzamento base de licitación de 352.600,95 euros. Aprobouse, ademais, o proxecto de “Mellora da accesibilidade ao barrio de Pontepedriña que conta cun orzamento base de licitación de 158.077,79 euros.