Saturday 16 de November de 2024

Sánchez Bugallo no primeiro de maio: “hoxe Santiago ten o mellor número de empregados da súa historia e o menor número de desempregados dos últimos 19 anos”


 

O alcalde participou, xunto a outros membros do goberno local, na ofrenda floral a Pablo Iglesias, fundador do Partido Socialista Obreiro Español fronte á escultura situada no parque que leva o seu mesmo nome, reivindicando os avances que se levaron a cabo nos últimos anos en materia laboral, como a subida do Salario Mínimo Interprofesional.

Utiliza as teclas de frecha arriba/abaixo para aumentar ou diminuír o volume.
Santiago de Compostela, 1 de maio de 2023. No día internacional da clase traballadora, o alcalde non oculta a satisfacción e o “orgullo” porque Santiago teña hoxe o mellor número de empregados da súa historia, e o menor número de desempregados dos últimos 19 anos: “que a cifra de desempregados sexa hoxe un 57% inferior á que tiñamos hai unha década é froito dun esforzo colectivo e marca o camiño a seguir”.

Sánchez Bugallo destacou a importancia da política de industrialización levada a cabo durante este mandato con preto de 90 novas empresas instaladas nos polígonos industriais, especialmente no da Sionlla, tamén “impulsando a instalación de grandes empresas de servizos e a creación de pequenas empresas” supón, asegura un alcalde, un “activo de futuro” para a creación e impulso do emprego en Santiago.

Foi precisamente na manifestación convocada polos sindicatos UGT e CCOO con motivo do 1 de maio, onde o alcalde reivindicou o orgullo polos avances producidos nos dous últimos anos como “a actualización do SMI que mellora significativamente a calidade de vida dos traballadores e, moi especialmente, a de moitas mulleres e xente nova”, colectivos acostumados a peores condicións laborais e que, con esta norma, puideron acceder a un salario máis digno.

Ademais da manifestación, previamente na ofrenda floral a Pablo Iglesias, Sánchez Bugallo referiuse ao desbloqueo de grandes proxectos históricos na cidade que “estaban parados desde hai 10 anos, cando deixamos a alcaldía e que, tivemos que voltar para reactivar” como a nova depuradora, a estación intermodal, o enlace orbital que conecta ou o polígono coa AP-9.