• Desde o goberno local amosan a súa “sorpresa” ante a resolución publicada o venres, 28 de abril, no BOE onde se di que o Concello de Cerdido, entre outros, non presentou alegacións.
• A administración local presentou as súas alegacións contra a instalación do parque con data 03/09/2021, en tempo e forma.
• “Supoñemos que se trata dun erro a publicación no BOE. Estamos en contra da instalación do parque e estamos agardando a que nos aclaren a situación desde a Delegación do Goberno”, explica o alcalde, Benigno Galego.
Ante a resolución publicada no BOE polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico o venres, 28 de abril, o Concello de Cerdido confirma que “si se presentaron alegacións ao proceso de autorización administrativa previa do parque eólico Badulaque”.
“Supoñemos que se trata dun erro esa publicación no BOE, na que se di que, entre outros Concellos afectados, o de Cerdido non enviou ninguna alegación. Nós estamos en contra da instalación do parque e agora estamos agardando a que nos aclaren esta situación desde a Delegación do Goberno”, explica o alcalde, Benigno Galego.
O Concello presentou as súas alegacións contra a instalación do parque con data 03/09/2021, en tempo e forma para a súa entrada en rexistro, nas cales se solicitaba a desestimación e o arquivo da autorización administrativa previa do parque eólico Badulaque pola súa localización inconsistente e incompatibilidade cos valores patrimoniais, sociais, económicos, paisaxísticos…