Friday 22 de November de 2024

Alternativa dos Veciños de Bergondo presenta a súa candidatura o vindeiro xoves na Casa da Cultura


No acto tamén intervirá Ángel García Seoane (“Gelo”), presidente de Alternativa dos Veciños, deputado provincial e alcalde de Oleiros

Alternativa dos Veciños presenta o vindeiro xoves 4, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura de Bergondo, a súa candidatura ao completo para as eleccións municipais do vindeiro 28 de maio. A lista, encabezada por Juan Fariña, parte con todas as posibilidades de converterse, tralos comicios do día 28, na formación maioritaria no consistorio bergondés. Xa que logo, e tendo presente que a Alternativa e a Juan Fariña nos tocará encabezar e pilotar o vindeiro goberno municipal, a candidatura que se presenta é a formada por homes e mulleres de contrastada valía humana e profesional, xente próxima á veciñanza e con gañas de poñer Bergondo a funcionar.
Como proba desa preparación da nosa xente, aproveitaremos o acto de presentación para falar do estado actual do PXOM de Bergondo, da man dun experto en urbanismo dunha dilatada traxectoria profesional ao longo de moitos anos de carreira, con traballos de enorme importancia en media Galicia. Asesor en materia de ordenación urbanística do noso grupo, membro da candidatura e veciño de Bergondo.
O acto pecharase coas intervencíóns de Juan Fariña, candidato á alcaldía, e Ángel García Seoane, alcalde de Oleiros.