Alternativa dos Veciños Sada mostra o seu apoio á iniciativa de recollida de firmas iniciada por un grupo de veciños de Sada para frear os novos plans que expón o actual goberno municipal respecto á piscina municipal.
Tal e como difundiu a prensa, a idea é eliminar a zona de spa para ampliar a zona da sala de máquinas. A opinión deste grupo político coincide coa proposta destes veciños. Non se pode levar a cabo a eliminación dese espazo cando o mesmo dota dun servizo importante para os nosos veciños e cando existen outras solucións que permitirían compaxinar ambas opcións.
Por parte deste partido, considérase que actúan de forma precipitada por parte do actual goberno sen saber cal é o motivo que lles leva a actuar con tanta rapidez sen pensar nas repercusións das súas accións.
É necesario destacar que por parte do goberno municipal ocúltase a realidade económica da apertura da piscina. Realizan unha xestión que socializa perdas para despois privatizar ganancias.
Por tanto, desde Alternativa dos Veciños Sada ínstase ao goberno municipal a que cesen na súa actitude e non continúen co seu propósito de eliminar a zona de spa da piscina municipal.