Friday 22 de November de 2024

O Concello de Moeche presentará recurso de alzada contra os proxectos eólicos Moeche e Badulaque

O Boletín Oficial do Estado de onte publicou as resolucións de autorización administrativa previa para os dous proxectos eólicos que lle afectan ao noso territorio, o P.E. Moeche e o P.E. Badulaque. De ambos anuncios dedúcese que os proxectos, sobre todo o do P.E. Moeche, sufriron nos últimos meses importantes modificacións en canto ao número de muíños que se pretenden instalar e a súa situación definitiva. Datos novos que son totalmente descoñecidos tanto polos concellos afectados como pola veciñanza, posto que de momento non houbo resposta ás alegacións presentadas nos distintos prazos nin tampouco hai maneira de acceder aos proxectos modificados.

Ademais, no BOE incluso se chega a asegurar que o Concello de Moeche non contestou á solicitude de informe sobre posibles afeccións a bens e dereitos municipais e que, polo tanto, o Estado “entende” que o consistorio “está conforme” co proxecto.

A afirmación reflectida no boletín oficial causou sorpresa no Gobeno local, quen conta cos resgardos de rexistro conforme a documentación se cursou en tempo e forma. Neste sentido o Concello de Moeche tamén constatou que o organismo destinatario -a Área de Industria e Enerxía da Delegación do Goberno en Galicia- “non chegou a descargar os documentos que lle enviamos dentro de prazo”, informou a alcaldesa, Beatriz Bascoy. Desde o Concello cualifícase esta omisión como “un feito de gravidade extrema” que abunda na “opacidade e falla de información” coa que se veu tramitando o despregamento eólico desde o seu inicio.

Os servizos legais que asesoran ao Concello de Moeche están analizando os anuncios publicados no BOE ao respecto do P.E. Moeche e do P.E. Badulaque, co obxectivo de presentar recurso de alzada contra a autorización administrativa previa. Segundo avanzou a alcaldesa, o recurso baseará parte da súa argumentación no feito de que a Dirección General de Política energética y Minas lle outorgase a Enel Green Power España S.L. a autorización “sen revisar os informes efectivamente presentados polo Concello de Moeche”.

A rexedora engade que o recurso -cuxo prazo de presentación é de 30 días- tamén reiterará a imposibilidade de acceder ao deseño dos proxectos tal e como quedarán tralas modificacións indicadas no informe de avaliación do impacto ambiental. “Sabemos que no caso do Parque Eólico Moeche se pasa de 12 a 7 muíños máis potentes que os propostos inicialmente, e que a potencia total instalada baixa de 53 a 50,4 MW. Tamén vimos nos anuncios publicados que a empresa deberá cambiar a situación de varios aeroxeradores para arredalos de vivendas e de bens patrimoniais, pero descoñecemos como quedan todas esas modificacións sobre o mapa do territorio, algo que consideramos fundamental para que a veciñanza e o Concello poidamos defender os nosos dereitos”.