Friday 22 de November de 2024

As casas da mocidade acollen numerosas actividades no mes de maio


Xa está aberto o prazo para inscribirse no programa de actividades xuvenís Noctamboleiros do mes de maio que se desenvolve nas casas da mocidade. As actividades están dirixidas a mozos e mozas de 14 a 30 anos e son gratuítas.

Este mes organizaranse acción medioambiental en Santa Cristina, curso de coctelería sen alcol, obradoiro de defensa persoal, obradoiro de cociña doce, reiki por alimentos, teatro, torneo de dardos,… ademais de continuar co programa radiofónico Mociradio. Para obter máis información ou inscribirse é posible nas casas da mocidade (Santa Cruz e As Pedras), chamar ao 981 614 083, ou enviar un correo a pix.portaberta@gmail.com ou pix.aspedras@gmail.com.