Alternativa dos Veciños celebra este domingo día 30 de abril unha asemblea aberta coa veciñanza da parroquia de San Martiño. Será ás 19:00 horas na antiga Casa Amelia (Anchoa).
A candidata á alcaldía, Áurea Domínguez Sisto, está realizando asembleas abertas en diferentes núcleos do municipio para dar a coñecer a veciñanza as persoas que integran a candidatura e tamén adiantando algúns puntos do programa electoral.
“Quero agradecer a veciñanza todo o apoio que nos están mostrando dende o primeiro día.
As asembleas que estamos realizando están a ser moi produtivas e permítenos coñecer de primeira man as inquedanzas e necesidades dos veciños e veciñas. Que a maioría son as que xa todos coñecemos, pero o xeito de facer política de Alternativa é escoitando a veciñanza e facéndoa participe das decisións” apunta Áurea Domínguez, candidata de Alternativa á alcaldía .