Friday 22 de November de 2024

Máis de 30 persoas encheron o Centro de San Roque na charla sobre alimentación para previr contra o cancro impartida pola doutora Lola Eufemia Navas


• Un total de 35 asistentes aprenderon contidos orientados a desmitificar bulos sobre determinados alimentos e clarificar conceptos

Este xoves, 27 de abril, 35 persoas encheron o Centro de San Roque durante a charla impartida por Lola Eufemia Navas sobre alimentación para a prevención e loita contra o cancro.

O coloquio foi impartido cunha metodoloxía didáctica, dinámica e participativa, durante algo máis de dúas horas, que ao final recibiron por correo electrónico o contido do mesmo, que no seu maior parte ía dedicado a desmitificar bulos sobre determinados alimentos e clarificar conceptos sobre os mesmos.
Outra parte da charla ía encamiñada a ofrecer recomendacións alimentarias sobre certos tipos de produtos que son bos á hora de manter unha dieta saudable.

Lola Eufemia Navas realizou o seu traballo de fin de grao e doutoramento no grupo de bioloxía molecular do cancro do Instituto de Biomedicina de Sevilla e leva varios anos practicando a divulgación científica e achegando a ciencia á poboación en xeral tanto en centros educativos como sociais.
Durante o mes de abril, a Sala de Exposicións do Concello de Ortigueira acolle a exposición de pintura da Asociación Cultural ‘Amigos da arte’.