En relación coa problemática da atención inmediata ás mulleres vítimas de violencia de xénero, o BNG de Oleiros considera que nun Concello co tamaño e patrimonio municipal do noso, mesmo coa existencia de pisos cedidos, ben podería haber algún piso de acollida para atender casos concretos, tanto integrado na rede autonómica como a través de convenios coa Deputación o a Xunta.