Thursday 21 de November de 2024

Marta Ojea afonda novamente na esencia humana a través do poemario Veinte estaciones son cinco años


Marta Ojea adéntrase novamente no panorama literario con Veinte estaciones son cinco años. A obra afonda na esencia humana e como se suceden acontecementos e emocións nunha viaxe circular e infinita de igual maneira ca as estacións, pero sempre dende outra posición na experiencia vital de cada persoa.

A presentación efectuouse no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal na tarde deste 27 de abril, onde a autora estivo acompañada da concelleira da Cultura, Patricia Lojo, quen se referiu ao poder da palabra “para captar momentos que pasan a formar parte do mare magnum da vida no que conflúen pasado, presente e futuro”, tal e como se constata neste poemario.

Felicitou tamén á autora pola súa habilidade na escrita despois do seu debut no verán de 2022 con Telegramas en cuarentena, polo que a edil incide na importancia de apoia-la produción literaria nas distintas fases de creación.