Friday 22 de November de 2024

A estrea en Galicia de ‘Buenismo Show’ protagonizará mañá a primeira xornada do Encontro Mundial de Humorismo, con dez días de espectáculos na Coruña


A apertura do EMHU 2023 terá lugar este venres 28 (11.30 horas), coa posta en marcha da mostra ‘El Guernica: una viñeta universal, humor en la oscuridad’ na Casa Museo Picasso

Este venres, 28 de abril, comeza a terceira edición do Encontro Mundial de Humorismo (EMHU), que ata o vindeiro 7 de maio reunirá na Coruña a máis de 30 artistas referentes nos eidos do humor e a comedia.

Desde Ignatius Farray, Luis Piedrahita e Carolina Iglesias, pasando por Sílvia Abril e Xosé Antonio Touriñán, a cidade vivirá dez días de espectáculo en espazos como o Teatro Colón, o Palacio da Ópera, o Castelo de San Antón, a sede de Afundación e o Palexco. O EMHU está promovido polas produtoras Etiqueta Negra e Producciones El Espectador, co apoio do Concello da Coruña.

A primeira xornada do EMHU, a deste venres 28, abrirase cunha actividade gratuíta, de acceso libre. A Casa Museo Picasso acolle a posta en marcha da mostra ‘El Guernica: una viñeta universal, humor en la oscuridad’, comisariada por Juan García Cerrada, do Instituto Quevedo del Humor. A exposición está composta polas ilustracións de 50 humoristas que, á súa forma, reinterpretaron un cadro mítico de Picasso. É o caso de Mingote, Quino, Elena Ospina, Siro López e Pinto & Chinto, entre moitos outros.

A apertura da mostra irá seguida, tamén este venres e xa pola tarde (19.00 horas), do coloquio ‘Picasso e a caricatura’, unha actividade aberta ao público na que o humorista gráfico Siro López abordará a relación entre Picasso e a disciplina artística. A sesión levarase a cabo na Casa Museo Picasso

O espectáculo Buenismo Show pecha a primeira xornada, no Teatro Colón
Tamén este venres, e xa pola noite (21.30 horas), o Teatro Colón abrirá as súas portas á estrea en Galicia de ‘Buenismo Show’, o espectáculo inspirado no podcast protagonizado por Henar Álvarez, Manuel Burque e Quique Peinado. Os pases para o evento xa están esgotados.

A información completa sobre a programación e venda de pases para o Encontro Mundial de Humorismo (EMHU) pode consultarse aquí.
Toda a programación do EMHU 2023
Venres 28 de abril
● 11.30 horas | Casa Picasso: El Guernica: una viñeta universal, humor en la oscuridad (apertura)
● 19.00 horas | Casa Picasso: Picasso e a caricatura (acceso libre ata completar capacidade)
● 21.30 horas | Teatro Colón: Buenismo Show (estrea en Galicia)
Sábado 29 de abril
● 12.30 horas | Afundación: Escuela de Impro Coruña (acceso libre ata completar capacidade)
● 17.00 horas | Teatro Colón: Sin datos no hay paraíso
● 19.00 horas | Pazo da Ópera: Humoris Causa
● 22.00 horas | Pazo da Ópera: Humoris Causa
Domingo 30 de abril
● 16.00 horas | Castelo de Santo Antón: Estirando el chicle en un castillo
● 18.00 horas | Teatro Colón: Ignatius Farray: La comedia salvó mi vida
● 20.30 horas | Teatro Colón: Amigos hasta la muerte

Luns 1 de maio
● 19.30 horas | Teatro Colón: Juan Dávila: La capital del pecado 2.0 (estrea en Galicia)
Mércores 3 de maio
● 19:30 horas | Afundación: As R(h)umorosas (estrea absoluta)
Xoves 4 de maio
● 19.30 horas | Teatro Colón: La banda sonora de nuestra risa
● 21.00 horas | Afundación: Ansia viva (estrea absoluta)
Venres 5 de maio
● 19.30 horas | Afundación: Juan Barraza: Garabato controlado (estrea en España)
● 21.00 horas | Teatro Colón: Showriano
Sábado 6 de maio
● 12.30 horas | Teatro Colón: La Ruina
● 19.00 horas | Palexco: Animus Iocandi (estrea absoluta)
● 22.00 horas | Palexco: Animus Iocandi
Domingo 7 de maio
● 20.00 horas | Teatro Colón: Fantastic Colofon