Saturday 16 de November de 2024

Sánchez Bugallo destaca como retos importantes continuar coas políticas de captación de empresas e impulsar a construción dunha estación de mercadorías da Sionlla


No debate de candidaturas organizado por O Galo, o alcalde sinalou que “temos que conseguir que a xente que traballa no mundo cultural poida vivir desa actividade. Unha das medidas que propomos é transformar o Instituto de Artes Escénicas nun centro especializado na formación, creación, producción e xestión cultural”.

“Creo que en Santiago fixemos un esforzo importante de preservación do noso patrimonio histórico e do noso medioambiente. Os 160 quilómetros de sendas peonís que se abriron durante este mandato son unha oportunidade excelente e excepcional para desfrutrar dese patrimonio medioambiental”.
” Nunca, ningún goberno, en ningún mandato, tivo que facer tantos grandes contratos como os que se fixeron e se están a facer neste. Deses seis grandes contratos, tres están operativos, un cuarto está adxudicado. En canto ao contrato de transporte sairá publicada a licitación a principios de maio. Queda pendente o de auga e saneamento paralizado por decisión do Pleno da Corporación, cos votos da oposición.

 

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, destacou, entre os retos económicos importantes para o seu goberno, a implantación dun punto único de tramitación administrativa, para o empresariado e para toda a cidadanía, continuar coas políticas de acompañamento e de captación de empresas, e a construción da estación de mercadorías na Sionlla”. Foi no debate das candidaturas que se presentan á alcaldía de Compostela, organizado pola Agrupación Cultural O Galo.

O debate dividiuse en catro bloques. No primeiro, “Modelo de cidade: comercio, vivenda e mobilidade”, Sánchez Bugallo, apostou por modelo de cidade amable, accesible, e cercano. E hai varios retos fundamentais, indicou. O primeiro, tratar de garantir un emprego aos nosos fillos e netos. Para iso, aplicamos, neste mandato, bonificacións fiscais, impulsáronse políticas para facilitar a implantación de empresas”. Como exemplo puxo o polígono da Sionlla, “un deserto hai 4 anos e 96 empresas instaladas a día de hoxe”. Outros retos que citou o rexedor: pór en marcha un hub tecnolóxico, implantar un punto único de tramitación adminastriva, “para a empresa pero tamén para toda a cidadanía”; pór en marcha un sistema de acompañamento e captación destinado a empresas, “e unha vez encamiñada a estación intermodal e a nova estación de viaxeiros, chegou o momento de abordar a construción da estación de mercadorías na Sionlla”.

O debate celebrouse no CSC do Ensanche, cun salón de actos ateigado

Outra das apostas de Sánchez Bugallo son as políticas de vivenda, e o uso residencial da cidade histórica. “Compre recuperar Emuvissa” disolta en 2011 polo Partido Popular. “E hai que apostar pola rehabilitación, con recursos económicos, para vivenda, non para outros usos”, e desenvolver polígonos. Nos anteriores mandatos socialistas recordou que se construiron, promovidas por Emuvissa, 3.000 vivendas protexidas en Santiago. E desde que o PP a disolveu, ningunha, “nin un só polígono residencial se desenvolveu en Santiago en 12 anos. E a Xunta tampouco fixo nada en vivenda”, engadiu.

Sobre a revisión do Plan Especial da Cidade Histórica, a aposta ten que ser, sinalou, “flexibilidade para vivir no casco histórico”. Polo tanto, “si” a revisalo, pero para uso residencial, non para outros usos, en referencia a gran cantidade de demanda para uso turístico.

En relación ao comercio, lembrou que neste mandato dérose axudas directas por 3 millóns de euros, e mobilizáronse recursos por máis de 6 millóns de euros para apoiar o sector. “Nunca, en toda a historia se deron estes apoios”. En relación á mobilidade citou que as prioridadesson: mobilidade peonil, transporte público e mobilidade branda.

 

No segunda bloque de lingua, cultura, memoria histórica e patrimonio, Sánchez Bugallo sinalou que a mellor forma de “coidar a nosa cultura e o noso patrimonio, é vivilo”. Destacou, antes de amosar o seu apoio ao conservatorio de danza, que “Santiago é unha referencia cultural inapelable”. Agora, continuou, “o salto que queremos dar e que cremos que é imprescindible e pasar da cultura como consumidores e usuarios, á cultura como actividade económica. Temos que producir cultura. Temos que conseguir que a xente que traballa no mundo cultural poida vivir desa actividade. Unha das medidas que propomos é transformar o Instituto de Artes Escénicas, coa USC e coa Xunta de Galicia, nun centro especializado na formación, creación, producción e xestión cultural”.

Tamén se referiu Sánchez Bugallo o patrimonio medioambiental, co traballo realizado na recuperación dos espazos naturais do Sar, Sarela, “dos nosos montes” e a posta en valor “da nosa zona rural e moi especialmente da zona norte”. En resumo, “creo que en Santiago fixemos un esforzo importante de preservación do noso patrimonio histórico, do noso medioambiente. Os 160 quilómetros de sendas peonís que se abriron durante este mandato son unha oportunidade excelente e excepcional para desfrutrar dese patrimonio medioambiental”.

No terceiro bloque, que versou sobre a zona rural, participación cidadá, xestión económica e organización administrativa, Sánchez Bugallo destacou os investimentos no rural. “Lembrou que a proposta que había de financiar os servizos de auga e saneamento a través da concesión do contrato da auga está bloqueada polo pleno. O que serviu en Ribadeo e na maior parte de Galicia, en Santiago a oposición bloqueouno por estritas razóns políticas”. Lembrou que o transporte á demanda para o rural, coa adquisición de autobuses, está na proposta de remanentes do Partido Socialista, que está previsto levar a pleno o 10 de maio. E continuou, “neste mandato estase completando a dotación de fibra óptica en todo o rural, de feito, máis de 160 núcleos xa o teñen”.

Polo que respecta aos consellos de participación cidadá, recordou que o CES, o Consello Económico e Social, se reuniu oito veces durante este mandato. “Nos dous mandatos anteriores, cero veces. E é o único órgano obligatorio. E está en proceso de creación, co regulamento xa aprobado, o Consello de Medio Rural”.

En modernización da administración local destacou que a administración electrónica xa é unha realidade, e que está en marcha a web e a app que permitirá que calquera cidadán de Santiago poida acceder, desde un só soporte institucional, a todos os contidos relacionados co Concello de Santiago, ademais de saber como se atopan os seus expedientes e o grao de tramitación do mesmo.

O último bloque relativo os servizos públicos de residuos, transporte e ensino, o alcalde destacou que “cando chegamos ó goberno, estaban sin licitar todos os grandes contratos; no caso do do transporte desde 2016”, ou o da auga desde 2019, pero prorrogado por un ano por Compostela Aberta. Nunca, engaiu Sánchez Bugallo, “ningún goberno, en ningún mandato, tivo que facer tantos grandes contratos como os que se fixeron e se están a facer neste. Deses seis grandes contratos, tres están operativos, un cuarto está adxudicado” (o de alumeado público). En canto ao contrato de transporte sairá publicada a licitación a principios de maio. Queda pendente o de auga e saneamento “paralizado por decisión do Pleno da Corporación, cos votos da oposición”.

O alcalde explicou que o transporte público urbano moveu o ano pasado en Santiago, 6,3 millóns de viaxeiros, para a continuación lembrar que “na época do PP e na de Compostela Aberta non se cambiou nin un só autobús; e recibimos unha flota obsoleta, porque non 2011 esa flota xa tiña seis anos de antigüidade. Tivemos que cambiar algúns autobuses e o concurso está convocado neste momento”.

En materia de educación, resaltou que o concello destina dous millóns de euros “a cumprir a súa obriga legal; vixiancia, conservación e mantemento dos centros educativos, pero gasta seis millóns. Os outros catro millóns que gasta a maiores do que lle corresponde están adicados a escolas infantís de xestión municipal, á Escola Municipal de Música, ao espazo de lecer María Miramontes, aos comedores escolares, que é competencia da Xunta pero que xestiona o concello xunto o programa de Madrugadores” e aos programas de conciliación entre eles Multixogo Nadal. Lembrou o rexedor que por primeira vez, en materia de becas de comedor, non hai listas de agrada: “todas as solicitudes están atendidas e pagadas”.