O banco, con sede en Galicia, e a entidade cameral afianzan o seu compromiso coa dinamización do tecido empresarial e o desenvolvemento económico na área da cámara compostela.
O acordo, rubricado está mañá en Compostela, tamén ofrece condicións melloradas na contratación de produtos da entidade financeira
A Cámara de Comercio de Santiago e ABANCA presentaron esta mañá unha nova edición da súa iniciativa conxunta de compromiso co emprendemento e a consolidación empresarial, impulsando o apoio ao tecido produtivo da capital autonómica e a súa área de influencia. O acto, que se celebrou no viveiro de empresas da Cámara (Polígono Costa Vella, R/ República Checa, 40), estivo encabezado pola Presidenta da entidade cameral, María Pais, e o director de Negocio Institucional en Galicia, España Norte e Portugal de ABANCA, José Lino Comesaña. Tamén asistiron a Secretaria Xeral da Cámara, Rosa Mary Cardeso e o Director de Zona de Negocio Institucional en ABANCA, Álvaro Manuel Rodríguez.
A través deste convenio a Cámara compostelá realizará unha serie de xornadas formativas e encontros empresariais sobre temas de actualidade co obxectivo de mellorar a competitividade empresarial e o apoio ás novas iniciativas emprendedoras.
“Trátase dun acordo froito do compromiso da entidade cameral coa dinamización do tecido empresarial e co impulso do desenvolvemento económico das empresas da súa demarcación cameral. Algo que vimos facendo da man de ABANCA desde hai moitos anos” sinalou María Pais. Pola súa banda, José Lino
Comesaña sinalou que “o obxectivo de ABANCA é seguir amosándonos próximos ás nosas empresas e emprendedores e axudarlles coas súas necesidades para que poidan afrontar os retos que demanda a situación económica actual”.
Ademais, ABANCA oferta a través do convenio unhas condicións financeiras personalizadas e adaptadas ás necesidades dos autónomos, micropemes, pemes e startups co obxectivo de que ningún proxecto viable se frustre por falta de financiamento.