Friday 22 de November de 2024

Edu Fernández preséntase como candidato de Podemos en Cambre


O artista Edu Fernández presentarase para a alcaldía no concello de Cambre coa formación política Podemos

Edu Fernández será o candidato á alcaldía en Cambre coa formación política Podemos. Despois de resultar vencedor no pasado proceso de primarias, Edu liderará unha lista electoral formada por veciños e veciñas afiliados ao partido Podemos como Nerea Martín, Sonia Suarez ou María Isabel Coto.

A formación violeta presenta unha candidatura veciñal coa ecoloxía e o feminismo como temas estrela, así como un plan de redistribución municipal dos orzamentos para volver poñer o foco nos servizos públicos no municipio.

En palabras do candidato, o obxectivo é ofrecer aos veciños de Cambre «unha candidatura popular, honesta, que presenta un proxecto político sólido e de esquerdas». Fernández dispón de ampla experiencia en xestión cultural e realización de proxectos artísticos internacionais, así como un currículo centrado no traballo asociativo e comunitario.