Friday 22 de November de 2024

O Concello acollerá o vindeiro martes un pleno para designar aos presidentes e vogais das mesas para as eleccións locais


O Concello acollerá o vindeiro martes 2 de maio, ás 9.30 horas, un pleno extraordinario para proceder ao sorteo dos membros das mesas para as eleccións locais que se celebrarán o 28 de maio (presidentes, vogais primeiros e segundos e os suplentes). As persoas seleccionadas recibirán unha notificación no seu domicilio e no caso de non poder ocupar o posto o día das eleccións deberán xustificalo ante a Xunta Electoral de Zona de Ferrol, ubicada no edificio do Xulgado, na rúa Coruña.

Así mesmo, dende o Concello recórdase ás veciñas e veciños da cidade e ao resto de persoas interesadas do cambio dalgúns colexios electorais, como o de Pedroso que pasa a ser no centro cívico; O Val, no local social da parroquia e Piñeiros, que será no pavillón do colexio. As persoas interesadas en consultar a totalidade dos colexios poden facelo a través da web do Concello.