Friday 22 de November de 2024

O servizo municipal de recollida de aceites porta a porta chegou a 1.405 litros no ano 2022


· Este programa conta con sete rutas: tres na parroquia de Camariñas, dúas en Camelle, unha na Ponte do Porto e outra en Xaviña.

· Supón unha media mensual de 117 litros recollidos e un aforro total de emisións de CO2 DE 4,21 toneladas.

O servizo municipal de recollida de aceites porta a porta implantado polo Concello de Camariñas está a ser un éxito. Grazas á colaboración dos veciños e veciñas do municipio recolléronse, durante o ano 2022, un total de 1.405 litros deste produto.

Para a execución deste programa habilitáronse sete rutas: tres na parroquia de Camariñas, dúas en Camelle, unha na Ponte do Porto e outra en Xaviña. A de Camariñas achegou o 41% do total de litros recollido, Ponte do Porto foi a segunda co 27/% e moi preto desta porcentaxe está Camelle, que ten punto de recollida tamén en Arou.

A cifra mensual de recollida de aceites é de 117 litros e este traballo tamén ten un gran beneficio medioambiental xa que así non se contaminaron 1.545.500 litros de auga e un aforro de emisións de CO2 de 4,21 toneladas.

Para confirmar datas e ruta pode chamarse ao 639920936 ou no correo electronico info@collectingoil.com.