O estadio municipal da Alta será escenario dunha nova cita co atletismo nas categorías benxamín/a, alevín/a e infantil no 29 de abril, despois da realizada no día 16. Estas probas enmárcanse na modalidade en pista individual na zona Noia-Santiago e constan de catro xornadas de clasificación previas á fase provincial, correspondéndose dúas delas coa localidade pobrense.
A partir das 10.00 horas reunirá as disciplinas de metros lisos, lanzamento de peso, disco, xavelina, salto de lonxitude, de altura e carreira de remudas.
Organiza a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Atletismo (FGA) coa colaboración da Concellaría dos Deportes e a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza.