Para os Populares, o polémico libro ten un custo que aínda é un misterio xa que ao orzamento que sitúa a licitación nun valor próximo aos 50.000€, habería que engadir conceptos “extra”: desde os máis de 16.700€ pola repartición aos domicilios dalgúns oleirenses -non todos-; os voos de dron, cos seus oportunos permisos e con custos próximos aos 10.000€; pasando polos traballos de edición, retoque, revelado e procesado das fotografías; edición, deseño e maquetación… e un longo etcétera que o Goberno Municipal non dá a coñecer aos veciños coa habitual falta de transparencia que rexe a súa xestión. Iso si, na contratación non falta de nada. Ata os 146€ dos tarjetones que utilizaban os repartidores de libros para deixar na caixa de correos se o veciño non estaba no seu domicilio.
Loli Silva, candidata dos Populares á alcaldía de Oleiros, declara: “Desde o PP de Oleiros calculamos que o importe total do libro con todos os contratos menores asociados pode chegar a alcanzar os 100.000€, algo que nos parece un malgasto no escenario actual en que nos atopamos. Levaremos este asunto ao Pleno e preguntaremos polo criterio elixido polo Alcalde para realizar a repartición a uns domicilios e non a outros.”
O Partido Popular de Oleiros denuncia o interese partidista demostrado, unha vez máis, polo goberno municipal de #Ángel García Seoane, tal como confirma o acordo da Xunta Electoral de Zona que ordena ao Concello de Oleiros a retirada de publicacións do perfil público do Concello de Oleiros na rede social Facebook e que se absteña no futuro de realizar actuacións similares.