Friday 22 de November de 2024

Preto de vinte parellas miden as súas forzas no Torneo de Pádel de Carral


· As persoas participantes teñen idades comprendidas entre os 15 e os 52 anos.

O Concello está celebrando a fase de liga regular do seu Torneo de Pádel, no que están participando preto de 20 parellas. Como noutras edicións, a cita deportiva tivo unha grande aceptación entre a veciñanza de todas as idades.

Nesta edición, o certame municipal conta con persoas inscritas con idades comprendidas entre os 15 e os 52 años. A maiores, as agrupacións son masculinas, femininas e tamén mixtas.

Nesta primeira fase, as parellas foron divididas en dous grupos e, ao remate da mesma, todas terán xogado entre si. Segundo o calendario de partidos, esta primeira parte do torneo disputarase ata o 2 de xuño, ofrecendo un total de 56 encontros na fase regular.

As duplas que resulten gañadoras serán as que pasarán ás fases eliminatorias, que terán lugar entre o 5 e o 17 de xuño: cuartos, semifinais e finais.