Instantes que quedan gravados en palabras e que conxelan o tempo como unha imaxe na cal conflúen pasado, presente e futuro: sobre esta idea artéllase Veinte estaciones son cinco años, o segundo libro de Marta Ojea, que se presentará no 27 de abril, ás 20.00 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal.
A cita literaria contará coas intervencións da propia autora e a concelleira da Cultura, Patricia Lojo.
O poemario convida a unha viaxe circular e infinita na cal, coma en cada estación, repetimos secuencias pero evolucionamos como persoas.
O acceso é libre ata completa-la cabida da instalación municipal.