A sesión é gratuíta e terá lugar na Casa da Cultura a partir das 12:00h
Fai falla inscrición previa a través desta ligazón
ASIME, a asociación galega da Industria do metal e das Tecnoloxías asociadas, é unha das 58 entidades que xestionan en Galicia o programa estatal Acelera PYME impulsado por Red.es con fondos Next Generation, co que se pretende promover a transformación dixital das pequenas e medianas empresas, persoas autónomas e emprendedoras para que melloren en competitividade. A través deste plan -que inclúe ademais as subvencións do Kit Dixital– tamén se organizan accións formativas gratuitas, como a que se desenvolverá este xoves 27 de abril a partir das 12:00h na Casa da Cultura de San Sadurniño. Trátase dun obradoiro tecnolóxico centrado na ciberseguridade e nos métodos que se poden poñer en práctica para protexerse de ataques informáticos e outras vulnerabilidades. As inscricións, que son gratuítas, deben facerse a través desta ligazón.
O evento ten como fin seguir apoiando ás pemes, persoas autónomas e emprendedoras de calquera sector no proceso de Transformación Dixital e incorporación de novas tecnoloxías nos seus modelos de negocio. Desde a Oficina Acelera PYME da Coruña ofrécese a oportunidade de identificar e avaliar riscos en materia de ciberseguridade e tomar nota dos consellos máis importantes para afrontar ameazas de seguridade da información, ademais de falar dos principais beneficios de adaptar os negocios a ese escenario con medidas preventivas áxiles e relativamente sinxelas.
Na sesión, que será presencial, explicaranse as diferencias entre o mundo físico e o virtual, a importancia da seguridade dixital no negocio, as ameazas e vulnerabilidades, os mecanismos de defensa e as accións preventivas que se deben poñer en práctica.
De impartir os contidos encargarase a enxeñeira de software e especialista en e-learning Cheryll Stonestreet. O programa, que arrancará este xoves 27 ás 12:00h, estrutúrase en arredor de 50 minutos de exposición dos temas relacionados coa materia, seguidos na parte final de aproximadamente un cuarto de hora para resolver dúbidas e exporlle preguntas á relatora.
O encontro está organizado pola Oficina Acelera PYME A Coruña xestionada pola asociación galega de empresas do metal ASIME. Quen desexen asistir poden inscribirse a través deste formulario de rexistro. Ofrecen máis información no correo coruña@acelerapyme.asime.es